Terras do Anllóns

Diario dixital en galego. A información que interesa

Quen somos

Terras do Anllóns é un xornal dixital publicado en galego que aposta pola información como servizo público. Non incorpora publicidade pois os gastos de mantemento do proxecto sopórtanse mediante microdoazóns.

Publicamos novas de interese sobre as localidades de Laracha, Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños (as mesmas que vertebra o río Anllóns ao longo dos máis de 50 quilómetros da súa canle), e complementamos a tarefa informativa con informacións de interese xeral a nivel galego e artigos de opinión.

Os noso compromiso ético está baseado en catro parámetros principais:

  • O respecto á verdade
  • A procura da obxectividade
  • A investigación dos feitos
  • A liberdade de opinión

Estamos abertos a recibir novas informacións e colaboracións externas. Se tes interese en facelo podes contactar con nós no seguinte formulario.