A Oficina de Promoción Económica do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia colaboran no evento “O comercio vai de festa”, no que as empresas participantes abrirán en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas para facilitar as compras e tamén agasallarán á súa clientela con sorpresas.

Ao mesmo tempo, durante toda a xornada a compañía de Pablo Méndez Performances levará a cabo en distintos espazos urbanos intervencións. “Todas as actividades son agasallos para unha clientela á que queremos agradecer todo o seu apoio ao pequeno comercio nunha vila como a nosa, cun Centro Comercial Aberto con calidade e variedade contrastada”, subliñou o presidente do CCA, Ricardo Pallas.