A actividade desenvolverase a partir das 17:00 horas dentro do Programa Apego coa dirección da psicóloga Raquel Bello, experta na materia e pertencente á empresa Oikos Espazo de Emocións, Desenvolvemento e Saúde. 

Esta técnica de relaxación está dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas, e a sesión do xoves centrarse en concreto no adestramento da atención e o autocontrol durante a infancia para aprender a xestionar todo tipo de emocións e sentimentos.