Os movementos feministas galegos convoca concentracións de protesta ao longo de toda a xeografía galega para hoxe a partir das 20:00 horas en repulsa polo asasinato de onte na parroquia cabanesa de Canduas.

Xa dende o mediodía, diversos concellos como o de Santiago ou A Coruña acolleron concentracións en solidariedade coa familia da vítima, e tanto nas oficinas da Xunta en San Caetano como na Delegación do Goberno na Coruña os representantes públicos mostraron o seu rexeitamento con un minuto de silencio a este novo crime de violencia de xénero, o terceiro no que vai de ano en Galicia.

De igual maneira todos os grupos da Cámara galega mostraron tamén o seu apoio ao longo do día de hoxe. Pola súa banda, o Concello de Cabana de Bergantiños declarou un día de loito oficial “en condolencia e soliedariedade” cos amigos e familiares da falecida.