A formación, a través da súa “Marea Feminista” recorda que o sábado, en Moaña, unha moza de 18 anos era agredida na rúa polo seu compañeiro e que o domingo, unha muller pereceu asasinada a mans do seu compañeiro sentimental en Cabana de Bergantiños, do que estaba en trámites de separación.

Para o grupo estes dous casos, salvando as diferenzas, “dan conta dunha mesma realidade” e chaman á sociedade a superar “os silencios cómplices” para evitar a normalización da violencia machista como un feito cotiá pos “cada muller asasinada é un símbolo do noso fracaso indivual e colectivo como sociedade”.

ENFOQUE PATRIARCAL

Doutra banda, Marea Feminista indica que os medios de comunicación “xogan un papel esencial” no tratamento dos casos de violencia machista e que resulta lamentable que, na situación actual, moitos medios todavía se centran na reproducción dun “enfoque patriarcal”, centrando as novas en “victimizar aos asasinos” ou “desviando o foco de atención a elementos alleos á propia incidencia”, razóns pola que esixen profesionalidade e bo facer na cobertura informativa deste tipo de sucesos.