A Plataforma Cidadá Stop  Instituto Confucio, que agrupa a diferentes colectivos sociais e de dereitos humanos, iniciará unha rolda de contactos a nivel galego para infromar sobre a problemática que implica a colaboración da universidade pública cunha institución directamente dependente da dictadura china a través da organización Hanban.

O colectivo alerta que, de feito, diversas delegacións dos institutos e aulas Confucio en moitos países xa se viron obrigadas a pechar as súas portas rodeadas de polémica, coa preocupación fundada de que están en xogo a liberdade de ensinanza, a libertade de acceso á información ou a crítica do saber ao censurarse determinados tópicos como a ocupación do Tíbet, a persecución aos practicantes de Falun Gong, a masacre da Praza de Tiananmén ou a situación da illa de Taiwán.

Doutra banda, diversos medios internacionais como a propia BBC ou The Wall Street Journal teñen alertado doutros factores negativos como a discriminación na contratación do profesorado, a propaganda do réximen chinés nos libros de texto e incluso os riesgos para a seguridade nacional, citando fontes do Servicio Canadense de Intelixencia e Seguridade ou o FBI norteamericano.

Como resultado, estes últimos anos, producíronse numerosos peches de centros como en Canadá (McMaster University at Hamilton, 2013), Francia (Université de Lyon, 2013), Estados Unidos (Pennsylvania State University; University of Chicago, 2014; Texas A&M University, 2018) ou Suecia (Stockholms Universitet, 2015), ás que se uniron recentemente outras moitas institucións académicas a nivel internacional.

Neste sentido, a Plataforma considera que o acordo alcanzado entre as Universidades de León en Vigo o pasado o pasado mes de febreiro para a posta en marcha dun Aula Confucio no Centro de Línguas da Universidade de Vigo non é un feito beneficioso por todo o que implica e lamenta que a vicerretora de Estudantes, Dolores González, diga apostar por un modelo de ensinanza do idioma chino impulsado polo réxime de Pequín que é rexeitado de maneira unánime en moitas outras universidades do mundo.