Ao longo desta semana desenvolveranse dous espectáculos dirixidos ao alumnado de infantil e primaria. Este luns 16, a compañía de teatro Os Quinquilláns visitará os CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e As Forcadas de Corme para achegar aos escolares a súa montaxe Por que é salgada a auga do mar?, unha obra pensada para entreter e facer reflexionar aos máis pequenos/as sobre a orixe do sal nos océanos.

Do mesmo xeito, a biblioteca municipal de Ponteceso acollerá o xoves 19 unha sesión de canta-contos, protagonizada polo músico e compositor Luis Vallecillo, un espectáculo musical para nenos e nenas maiores de tres anos no que se mesturan música, aprendizaxe e literatura nun ton desenfadado.