Os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), celebráronse este venres no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

No evento, déronse cita representantes dos 646 centros educativos que forman parte do plan, e que serven como espazo de traballo, aprendizaxe e intercambio de experiencias e propostas.

Ademais deles, participaron nas xornadas persoas expertas ámbitos que se abordan a diario nas bibliotecas escolares, como as competencias informacionais e mediáticas, a didáctica da lingua e da literatura, a narración oral, a radio, a gamificación, a lectura en contextos de diversidade ou a literatura de tradición oral, entre outras. Asemade, expuxéronse 21 experiencias concretas de centros participantes no Plambe, arredor de asuntos como o voluntariado de lectura, os traballos por proxectos, as bibliotecas inclusivas, o uso da robótica, a cultura maker e a impresión 3D, ou os avances no modelo de biblioteca como centro creativo das aprendizaxes.