O Plan de Banda Larga de Galicia, cun investimento de 14,2 millóns de euros, facilitará o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. As 258.000 persoas restantes beneficiaranse das medidas do Estado para chegar a núcleos de maior tamaño, cun investimento público de 21 millón de euros.

Coas estas actuacións en 2020 o 74% dos galegos terán acceso a redes de máis de 30 Mbps, unha porcentaxe que se incrementará coas novas convocatorias anunciadas polo Estado no marco do seu Plan 300×100. Esta iniciativa ten como obxectivo estender fibra óptica ao 100% dos núcleos de poboación de España cun investimento de 525 millóns de euros para o período 2018 – 2021.