Este martes deu comezo, no espazo do Centro de Día, a terceira edición do espazo coworking da Costa da Morte no que, durante cinco meses, emprendedores da comarca recibirán formación especializada e á medida para poñer en marcha 22 novos proxectos empresariais.

As actividades dos emprendedores que se formarán na terceira edición do coworking abranguen diversos sectores produtivos como a alimentación, a industria, a produción artesá, a saúde, o turismo e outros servizos. Inclúen ademais propostas innovadoras como o cultivo e a comercialización de algas mariñas ou as plataformas de nogocio online.