A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles este ano axudas a un total de 155 concellos para dotar as bibliotecas e axencias de lectura municipais dos títulos editoriais máis recentes en lingua galega. Así ven de publicalo este venres o Diario Oficial de Galicia, xunto coa resolución das subvención para a mellora das coleccións das bibliotecas, na que resultaron beneficiarios 118 localidades das catro provincias galegas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0164-260318-0002_gl.html

En ambas as dúas liñas de axudas, a Secretaría Xeral de Cultura investiu un total de 550.000 euros. Desta contía, 200.000 destináronse á adquisición de novidades editoriais, co fin de que as bibliotecas e axencias de lectura públicas de Galicia teñan ao dispor dos seus usuarios e usuarias as obras máis recentes publicadas en galego no momento da súa entrada no mercado.

Os municipios que resultaron beneficiarios desta liña de axudas foron Abegondo, Alfoz, Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, Avión, Bande, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Bóveda, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambados, Cambre, Cangas, A Cañiza, O Carballiño, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Catoira, Cedeira, Cee, Celanova, Cerceda, Cervo, Chantada, Coirós, Corcubión, A Coruña, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, A Fonsagrada, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Laxe, Leiro, Lourenzá, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Marín, Meaño, Meis, Melide, Mesía, Miño, Moaña, Moeche, Mondariz, Mondariz Balneario, Monforte de Lemos, Monterrei, Monterroso, Mos, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Nigrán, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outes, Padrón, Paradela, Pazos de Borbén, O Pereiro de Aguiar, O Pino, A Pobra do Brollón, A Pobra do Caramiñal, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Ponteceso, Pontecesures, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, O Porriño, Porto do Son, Quiroga, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribeira, Riós, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, O Saviñao, Silleda, Sober, Soutomaior, Taboada, Teo, Tordoia, Touro, Trabada, Trazo, Val do Dubra, Valadouro, Valga, Vedra, Viana do Bolo, O Vicedo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vilanova de Arousa, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía e Zas.

Destes municipios, un total de 115, xunto con Allariz, Ares e Baiona, tamén resultaron beneficiarios das axudas da Secretaría Xeral de Cultura para actualizar as coleccións bibliográficas, a través da compra de monografías (tanto libro infantil como libro dirixido as persoas adultas), material sonoro (discos e vinilos), videogravacións (DVD, Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico (mapas e planos). Estes materiais, para os que se destinaron 350.000 euros, deben estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e ter por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca.

Mellorar os servizos que as bibliotecas públicas lle ofrecen á cidadanía así como impulsar o comercio do libro galego son os principais obxectivos da Consellería de Cultura e Educación con estas dúas liñas axudas, que na súa edición de 2018 se convocaron por vez primeira conxuntamente.