Era unha vez dúas parcelas agrícolas con cadanseu hórreo na parroquia de Canduas, municipio de Cabana de Bergantiños.

Eran dous hórreos históricos e ben feitos, pero a política municipal do alcalde cabanés dou o traste co destino dun deles, que non se sabe moi ben como, rematou implantado, suponse que con fondos públicos municipais e da Deputación da Coruña, na casa dun particular.

Ou…, a fábula tamen podería dicir que…

Eran dous hórreos históricos e ben feitos, pero a política municipal do alcalde cabanés dou o traste co destino dun deles, que non se sabe moi ben como, rematou a súa vida desfeito en pedras na eira dun particular. Eso sí, previamente colocouse un cartel de obra na praza pública de Canduas, onde dicía que o hórreo se implantaba con fondos públicos e subvencionado pola Deputación de A Coruña. Implantado onde?

A cuestión non tería demasiada importancia senón fora porque a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que tamén fabula, esixía que a implantación se realizase de xeito integrado na intervención proxectada, isto é, na propia praza. Integración sí, porque despois de todo, estabase a transformar unha finca agrícola en chan formigonado e dotacional de servizos á beira de solo de protección patrimonial.

E por se isto é pouca fábula, de súpeto aparece o equipo redactor do futuro Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Cabana de Bergantiños, a quen tamen se lle dou por fabular… E así, con data de 25 de outubro de 2016, o redactor do plan sorpresivamente reflicte no borrador do documento, exposto na Consellería, os dous hórreos catalogados e ubicados ambos na praza de Canduas, como debera ser.

Así reaparece na praza, como de fábula, o “hórreo 14” ou o hórreo implantado non se sabe onde, que segundo o técnico redactor do proxecto está catalogado, ten unha conservación boa, e é de pedra rectangular sobre dez pés de pezas troncocónicas con tornarratos circulares e cuberta a dúas augas de tella.

Ao seu carón, o “hórreo 15”, tamen catalogado, con unha conservación regular, de pedra con unha planta rectangular, sobre doce pés de pezas troncocónicas con tornarratos circulares e cuberta a dúas augas de tella.

E agora resulta que o alcalde de Cabana di que a xente fabula nas redes sociais, porque igual pensa que o xuiz tamen fabula… Demasiado conto sí, pero seica che foron sete declarar ante a Garda Civil, porque seguro que estes tamen fabulan de fábula.

Asociación de Amigas e Amigos dos Bosques O Ouriol do Anllóns