Máis de 86.000 persoas firman nunha petición online contra a actitude do organismo provincial, en rexeitamento a unha Administración “que se gastou decenas de miles de euros en favorecer a un lobbi que contamina o medio natural coa súa munición de plomo, que esquilma a fauna silvestre cos seus disparos e que non representa nin ao 2% da poboación da provincia”.

A Deputación da Coruña, actualmente presidida polo alcalde socialista de As Pontes Valentín González Formoso e con Goretti Sanmartín do BNG como vicepresidenta, non parece interesada, a xuizo da asociación animalista, en crear unha liña de axudas para entidades protectoras e refuxios que, cada ano, “salvan centos de animais dunha morte segura”, dedicando sen embargo en 2017 máis de 179,000 euros para subvencionar a sociedades de caza.

Libera! valora este asunto como de “especial gravedade”, dado que as subvencións buscan a “promoción económica” coa compra de coellos destinados á caza e pregúntanse finalmente si esto “enriquece” dalgún xeito á provincia da Coruña.