A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franzc Weber propoñen abrir un debate social sobre a participación de menores de idade en prácticas cinexéticas, polo risco e a banalización da violencia que isto implica sobre o desenvolvemento psicosocial e moral da xuventude.

Segundo informan nun comunicado na actualidade Galicia permite, grazas á súa Lei de Caza de 2013, a participación de xóvenes de entre 16 e 18 anos “sen apenas cortapisas”, existindo rumores da presenza de rapaces e rapazas todavía máis xóvenes ao longo do territorio, expoñendo á adolescencia a actos de risco como accidentes ou disparos perdidos.

Neste sentido, recordan que a campaña #NoEsUnJuego, desenvolvida a través de change.org, xa leva máis de 60.400 sinaturas en demanda dunha lei galega que prohíba a participación ou o outorgamento de licencias de caza para menores de idade, ao entender que é “unha aberración pedagóxica e social”.

Tanto Libera! como Franz Weber tamén denuncian os intentos do lobbi procaza de rebaixar incluso a idade legal para cazar situándoa a partir dos 14 anos, o que a xuizo de ambas entidades “pon sobre a mesa un problema moi severo” o da facilidade para demandar que menores poidan portar armas, “militarizando á Sociedade ao máis puro estilo norteamericano”.

Neste sentido -indican as organizacións-, “os grupos de presión que defenden a caza tratan de efectuar estas modificacións legais como resposta á falta de relevo xeneracional, sen que o benestar da infancia e da adolescencia pareza ser unha prioridade” fronte á defensa dunha actividad “que perdiu toda utilidade e funcionalidade tradicional”.