Deste xeito, segundo o convenio asinado co concello ourensán, procederase ao acondicionamento da sancristía co renovado de instalacións, eliminación de humidades do terreo, restauración das carpinterías e mellora da ventilación e á restauración das plantas baixa e alta do claustro seglar.

Así mesmo realizaranse melloras no espazo da escaleira reglar, a limpeza de paramentos, da bóveda, a renovación de rexuntados, das carpinterías e nova instalación eléctrica e de iluminación.

No patio do claustro realizarase unha intervención no cumio da cuberta para reducir o soleamento e mellorar a ventilación dese espazo no verán para evitar o efecto invernadoiro. Tamén se colocarán toldos e lonas móbiles para tratar convenientemente a radiación e a acústica do recinto. Na sala capitular realizaranse labores de limpeza e repaso dos paramentos e bóvedas, e renovaranse as instalacións e restauraranse as carpinterías. Finalmente colocarase un ascensor no vestíbulo que conecta os claustros e reordenaranse os aseos que existen nesa zona.

O mosteiro de Montederramo -que é monumento BIC desde o ano 1951– está composto por unha igrexa, dous claustros situados ao sur dela e as súas dependencias monacais.