O Centro de Atención a Emerxencias-112 Galicia leva xestionadas dende o inicio do temporal ata agora un total de 378 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar a boa parte da Península Ibérica e tamén a Galicia.

En total foron xestionadas 378 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 174 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 140; Ourense con 26 e Lugo con 38 incidencias xestionadas.

Os concellos máis afectados foron Bergondo, Boiro, Cee, Brión, Padrón, Rianxo, Rois e Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña; e Moaña, Pontevedra, O Rosal, Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.

En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, e obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos. No concello de A Laracha, houbo dúas persoas feridas pola caída dunha árbore encima dun coche.

A Dirección Xeral de Emerxencias recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes ante as malas condicións meteorolóxicas e recomenda consultar a web www.axega112.gal