Este mércores inaugurouse a sétima edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, Edugal, que se celebra ata o venres no Recinto Feiral de Pontevedra. Un encontro que funciona como unha ferramenta para dar a coñecer a oferta educativa a todos os que se atopan no momento de tomar decisións sobre o seu futuro e coñecer cales son as alternativas, ser capaces de valorar todos os factores e poder escoller entre unha ampla e variada oferta.

Edugal é xa unha cita indispensable entre os distintos axentes da comunidade educativas e as empresas, un punto de encontro no que fomentar as relacións entre o mundo formativo e o laboral, que cada vez teñen que traballar máis xuntos para crear unha educación de calidade que responda ás necesidades reais do mercado de traballo.