Na última Xunta de Goberno Local o consistorio adxudicou a obra de mellora da rede viaria que afecta a seis estradas de titularidade municipal que alcanzan, conxuntamente, unha lonxitude total de dous quilómetros e medio.

A fase máis ampla do proxecto é a renovación da superficie de rodadura da estrada que comunica os núcleos de Cercido (parroquia de Erboedo) e Revirente (Soandres). Ademais, na parroquia de Montemaior serán obxecto de actuacións de similares características tres vías locais en O Sopé, unha en A Trigueira e outra en Vilariño.

Este proxecto está incluído no programa POS+ e suporá un investimento total superior aos 57.000 euros.