O deputado de En Marea, que interviu o pasado 22 de febreiro no Parlamento de Galicia para tratar a cuestión eólica, considera que aínda que a recoversión enerxética “é necesaria e urxente”, esta debe facerse pensando no interese xeral, no retorno social e na protección da paisaxe fronte as actuais políticas do Partido Popular.

Así, destacou que o PP está a permitir con proxectos coma o de Mouriños, en Cabana, e o Pena Forcada-Catasol II, en Laxe, unha “agresión paisaxística”, “migallas de retorno social” e ao final “un negocio redondo” para as grandes compañías eléctricas, onde quen gaña son ao final estas grandes corporacións e os facilitadores deste tipo de proxectos mentras quen perde é a cidadanía.

Cal aclarou que aínda que Galicia é a primeira comunidade do Estado en aeroxeneradores por extensión, coa lóxica do “capitalismo de amiguetes” do partido popular, “os beneficios están privatizados e as perdas son socializadas”, o que convirte esta teórica ventaxa nun inconvinte nun modelo eólico “feito á medida dos intereses da patronal eléctrica”.

A POLÉMICA DO PROXECTO EÓLICO MOURIÑOS

O deputado de En Marea afirmou que a instalación de aeroxeneradores debe facerse “onde non traia prexuizos sociais, medioambientais e patrimoniais” e, á vez, “cun retorno económico do beneficio que sea xusto, “cousa que non ocorre co Parque de Mouriños, ao igual que outros xa instalados”, dado que “é evidente que a instalación destes xigantescos aeroxeneradores conlevan máis prexuicios que beneficios para Galicia”.

Cal destacou que “o lugar onde vai a ser instalado ten un alto valor paisaxístico e patrimonial” que “é determinante para o desenvolvemento da comarca” cun modelo produtivo “moi dependente, e cada vez máis, do turismo sostible, de natureza, de patromonio”, razóns estas polo que esta iniciativa industrial de Gas Natural Fenosa está a ser rexeitada a nivel local. De feito, no propio PXOM de Cabana de Bergantiños apúntase “á importancia da conservación do seu patrimonio natural e paisaxístico como elemento estratéxico para o seu desenvolvemento”.