Un grupo de rexedores da bisbarra mantiveron este xoves un encontro en Carballo co Presidente da Reserva e un representante do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), co obxectivo, entre outros, de que a Comarca de Bergantiños pase a incluirse na súa denominación.

Na xuntanza participaron participaron os alcaldes de Laxe, José Manuel Mouzo; Ponteceso, Lois García Carballido; Cabana, José Muíño; Malpica, Eduardo Parga; A Laracha, José Manuel López, e Carballo, Evencio Ferrero. Tamén estiveron presentes os concelleiros Luis Lamas, de Carballo, e Ramón Martínez Barbeito, da Laracha.

No prazo dun mes todos os concellos debería ter aprobada a solicitude de adhesión á Reserva da Biosfera, na que tería unha importancia destacada o río Anllóns e os concellos situados nas súas ribeiras, que poderían beneficiarse da posta en valor do río.