Turismo de Galicia renovou este xoves co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, a colaboración entre ambas institucións para impulsar a Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica, que forma futuros médicos no potencial terapéutico das augas mineromedicinais.

O convenio asinado esta semana supón a renovación por catro anos máis, ata o vindeiro 2021, deste apoio coa intención de facilitar a posta en marcha de actividades académicas que redunden na difusión, o coñecemento e a práctica da Hidroloxía Médica, para o que se destinarán 160.000 euros.

Ao abeiro deste acordo, a Cátedra de Hidroloxía Médica da USC poderá aumentar os seus fondos bibliográficos, organizar seminarios prácticos de fin de semana en balnearios, elaborar e difundir documentais sobre procesos terapéuticos, entre outras actividades formativas.