Moitos de quenes agora se rasgan as vestiduras a nivel político e social permitiron a cronificación dun problema que en sucesivas fases xa ven do ano 1986, logo do abandono da explotación de cobre iniciada en 1973.

O actual Goberno da Xunta ampárase nunha legalidade que non cumple, sobre todo tendo en conta que a Lei 3/2008, de ordenación da minería de Galicia indica que “correspóndelle á Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de minas, realizar as comprobacións necesarias”, así como garantir “o cumprimento da normativa mineira aplicable” e a adopción de tantas medidas de cautela como sexan necesarias.

Sen embargo, e sumando as peticións da semana pasada polo desbordamento dunha das balsas da antiga explotación, Aldea Viva, como colectivo inscrito e legalmente autorizado no rexistro de asociacións, presentou un total de 31 escritos de denuncia contra a lamentable situación que veñen experimentando dende fai moito auga, solos e aire na zona de Touro, unha situación ignorada de xeito sistemático por distintas Administracións de diferente signo político. Moita da mesma clase política que agora clama contra a mina.

Neste contexto, Cobre San Rafael fala do futuro sobre o papel, pero neste caso cómpre falar sobre o que xa temos dende fai décadas. Sobre o lamentable estado ambiental de ríos coma o Portapego, sobre cómo se pudo autorizar unha zona dotacional que inclúe unha zona infantil ou un centro de terceira idade nunha zona evidentemente contaminada. I é aí onde se demostra que boa parte de políticos a nivel local, provincial e de país, non fixeron o debido.

De feito, unha loita tan grande como a de intentar que o proxecto desenvolvido por Explotaciones Gallegas e Atalaya mining non saia adiante é analizar quenes foron os responsables a nivel político e pedir as responsabilidades pertinentes, máis tendo en conta que o “curriculum” dos promotores é aval suficiente para non ter dúbida que a situación pode perpetuarse na zona de Touro e na conca do Ulla.

Asociación Aldea Viva (Touro)