O edificio da antiga cárcere estrea web propia, presenza en Google Maps e un programa de visitas guiadas a distintos recursos turísticos do Concello de Carballo.

Desde este venres é posible coñecer o edificio por dentro desde calquera ordenador ou teléfono utilizando o sistema de Street View. Deste xeito, un dos recursos turísticos emblemáticos da vila gana en proxección e notoriedade tamén na rede.

Este ano tamén se acometerá a reforma da edificación do Museo de Bergantiños. No orzamento municipal figura unha partida de 229.900 euros para solucionar problemas estruturais do Museo de Bergantiños como a reparación de gretas, o illamento e a climatización ou a instalación dunha iluminación máis eficiente. Así mesmo, reformaranse os aseos, mellorarase a zona de atención ao público e colocarase unha nova cuberta no patio, entre outras actuacións que afectarán tamén á fachada da biblioteca.