No que vai de ano, esta entidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria realizou neste campo actuacións nas que tomaron parte 1.196 persoas. Os obradoiros celébranse tanto nas propias instalacións da Escola, emprazadas en Santiago, como en centros educativos e asociacións de diferentes localidades galegas.

Os participantes nos obradoiros aprenden sobre a linguaxe publicitaria e o etiquetado dos produtos, familiarizándose cos principais elementos da publicidade, como a cor, os slogans ou a música, e os principais pasos a seguir para a realización dunha campaña publicitaria, todo isto coa finalidade de que os participantes tomen conciencia de como a publicidade pode influír na súa toma de decisións á hora de mercar ou contratar calquera produto ou servizo.