O Concello da Laracha lembra que o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar esta aberto de luns a venres (días laborables) en horario de 11:00 a 15:00 horas.

Ademais, ofrécese a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos en calquera día do ano concertando cita previamente no Concello da Laracha. En todos os casos a entrada é gratuíta.

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte está situado na antiga Casa Reitoral de Golmar, moi preto da igrexa parroquial de San Bieito e a carón da estrada A Laracha-A Silva (CP 2404). Na instalación faise un percorrido por medio de mapas, documentos, imaxes e pezas reais de muíños, a través do que os visitantes poderán coñecer como era o seu funcionamento, a súa importancia social e os diferentes tipos de muíños que existían na Costa da Morte.