Ademáis, entre outros temas, o grupo de En Marea preguntará a Alberto Núñez Feijóo pola súa política de propaganda para ocultar a súa ineficacia na labor de Goberno así como tamén sobre as listas de agarda, as concentracións parcelarias, da etiquetaxe dos produtos da ría e tamén unha iniciativa para derogar a lei sobre medidas excepcionais para o persoal público.

Dende En Marea consideran, de feito, que a política galega mantida polo Executivo de Feijóo respecto da débeda “prexudicou enormemente aos galegos e galegas”, pois os sucesivos recortes tiveron un sobrecuste de centros de millóns de euros no pago da débeda, sendo os únicos beneficiados os bancos, e de maneira especial Abanca.

En Marea centrará o pleno na realidade da cidadanía que pese á suposta saída da crise da que fala o PP, “ten que soportar a precariedade e a pobreza que se expresa de múltiples xeitos, como por exemplo na falla de acceso a unha vivenda digna coa subida dos desafiuzamentos por impago de alugueres ou na pobreza enerxética, na que o Partido Popular “continúa sen establecer ningún tipo de medida efectiva” para evitar que as grandes eléctricas engrosen as súas contas de resultados “mentres a xente non pode pagar o recibo da luz”.

De feito, mentres isto sucede, según denuncia En Marea, o actual Executivo de Núñez Feijóo goberna para empresas como Gas Natural Fenosa, facendo dexación de funcións e deixando en mans das poxas do Ministerio de Industria e as empresas a elección dos lugares onde instalar os novos parques eólicos sin ter en conta a repercusión real destas infraestruturas a nivel paisaxístico, medioambiental, patrimonial ou económico, pola evidente falta de retorno social deste tipo de proxectos nas actualidade. En palabras de Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea no Parlamento galego, “as eléctricas síguense forrando e a xente sigue sufrindo, ese é o resultado das políticas neoliberais do Partido Popular“.