Dirixido a persoas maiores de 60 anos o periplo realizarase do 2 ao 7 de abril.

A viaxe partirá de A Laracha e percorrerá localidades como Bilbao, Laredo, Santillana del Mar, Potes, Comillas, Santander e Castro Urdiales, entre outros.

O programa contempla visitas turísticas e culturais ao Museo de Altamira, Monasterio de Santo Toribio de Liébana, Cueva de Pozalagua e unha fábrica de sobaos pasiegos situada no vVl do río Pas.

As persoas que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben inscribirse dirixíndose ao departamento de Servizos Sociais, situado no edificio administrativo da Laracha. O prezo por persoa é de 240 euros, que inclúe cinco noites de hotel en habitación dobre e réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea), guía en todas as visitas e seguro de viaxe. O Concello da Laracha subvencionará integramente o custe do transporte en autobús.