A actuación musical será o 2 de marzo no Museo Centro Gaiás a cargo deste grupo de música antiga italiano, un dos máis aclamados na escena internacional.

Procedente da Morgan Libray & Museum de Nova York, este monumento literario chegou o 10 de outubro a Galicia para a súa exhibición pública, por vez primeira na historia, no marco dunha exposición promovida pola Xunta de Galicia e pola Universidade de Vigo, baixo o comisariado de Francisco Singul.

O Ensemble Micrologus fará uso das súas técnicas historicistas para ofrecer as súas versións das cantigas de Martín Códax para as que empregará, como vén sendo habitual nesta formación, instrumentos de reprodución exacta dos conservados a nivel iconográfico nas imaxes da época e que están realizados por prestixiosos luthiers.

Este concerto permitiralles ás persoas asistentes coñecer as novas formas de interpretar estes repertorios e actualizar a súa comprensión tanto no seu estilo como na forma de executalo, tanto a nivel vocal como instrumental. As entradas están á venda no Museo Centro Gaiás, en puntos físicos de Ataquilla e tamén a través da súa plataforma de venda online.