A deputada Eva Solla denuncia o “despotismo” do Executivo de Alberto Núñez Feijóo e agradece o traballo da Plataforma SOS Sanidade Pública por mobilizarse “cada vez que a Consellería produce un atropelo novo contra o sistema de saúde”.

Solla, responsable da área de Sanidade de En Marea considera que a nova lei “non é unha actualización”, sinon unha “contrarreforma” a unha lei que foi “pisoteada e cambiada” polo Partido Popular en múltiples ocasións, dado que nunca se respectaron os principios contidos no texto.

Para En Marea, despois da forte contestación social, os populares deberían de retirar a norma, tamén atendendo a todas as emendas de devolución. De feito, Eva Solla acusou ao PP de non escoitar as máis de mil reclamacións que se fixeron cando se publicou a reforma no mes de agosto.

Desprezan a todas as persoas, seguramente moitas delas non votantes da oposición, que viñeron este domingo a Santiago dende toda Galicia, desprezan a colexios profesionais e a colectivos sanitarios. Non queren retirar o texto porque forma parte do seu plan para destruír a sanidade pública, para recortar dereitos paulatinamente, para que a sanidade pública cada vez esmoreza máis” -afirmou a deputada-.

Este texto está feito para consolidar as súas portas xiratorias, a entrada da empresa privada e a privatización da investigación, pois empregan como eufemismo a transferencia inversa do coñececemento para xustificar as licenzas a terceiros para a explotación de dereitos derivados da investigación”, denunciou Eva Solla para quen o obxectivo final da investigación só debera ser a mellora da sanidade pública”.

Canto lle estan pagando ás empresas privadas por trasladar a pacientes á concertada? Quen decide as plantas que se pechan? Queren que se trasladen á sanidade privada? Quen marca eses prezos?” -preguntoulle Eva Solla ao conselleiro de Sanidade-.

Na quenda de réplica Eva Solla tamén criticou duramente as condicións nas que traballan os profesionais sanitarios polas “condicións de miseria” polas “chapuzas das privatizacións” do PP no actual Goberno da Xunta.