O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará cualifica de “práctica cruel” a proba, que consiste en matar o maior número de raposos no menor tempo posible e pide a suspensión desta actividade nos concellos de Cercedo, Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada.

O deputado anuncia que o BNG seguirá rexistrando iniciativas para que cese esta actividade e critica o apoio e colaboración institucional dos concellos de Cerdedo, Cotobade, Campo lameiro, Forcarei e A Estrada, “ todos eles gobernados polo Partido popular”.

O BNG, manifestou Bará impulsará propostas para que a Xunta retire o seu apoio a unha práctica que converte a Galicia “nun paraíso da matanza do raposo” e proporá modificar a “Lei de caza e deporte” para impedir esta actividade cruenta.

Bará reitera que a celebración do campionato da “matanza de raposos” en concellos gobernados polo PP evidencia o “apoio, colaboración e complicidade” cunha práctica que cualificou de “aberrante e cruel” e que conta coa colaboración e autorización do goberno galego e participación de cargos da Xunta de Galicia na “promoción e difusión” duns campionatos que non son “propios destes tempos”, non responden a ningunha razón cinexética, nin biolóxico nin tampouco de control de poboacións animais.