Ambas formacións rexeitan esta proba de caza uníndose así a masiva protesta social destas últimas semanas en contra da celebración da IX Copa de España que se levará a cabo o próximo 3 de febreiro nos municipios pontevedreses de Cerdedo-Cotobate, A Estrada, Campo Lameiro e Forcarei.

O Movemento Veciñal Estradense (Móvete) emitiu esta semana un comunicado instando ao Concello da Estrada a perdirlle á Xunta de Galicia a inmediata paralización do campionato e que esta xustifique de “maneira clara, científica e exhaustiva a necesidade das batidas”.

Móvete considera que o fin último deste tipo de probas é o de “masacrar un dos animais máis importantes do monte galego”, que ademáis é “unha peza clave nas cadeas tróficas e distinguido emblema da nosa fauna”.

Pola súa banda, tamén o Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia que este tipo de probas son algo innecesario que supoñen “o maltrato e o exterminio físico gratuito dos individuos dunha especie”.