O Partido Animalista afirma nun comunicado que “traballa intensamente e contra o reloxio” para conseguir que as autoridades galegas ordenen a paralización da IX Copa de España de Caza do Raposo, que se celebrará este próximo sábado en diversas localizacións da provincia de Pontevedra.

PACMA considera que “Galicia convertiuse nun campo de batalla para os raposos, que están sendo perseguidos polos cazadores co beneplácito e autorización da Xunta de Galicia“.

Neste senso, a formación ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a paralización do campionato desde próximo fin de semana, así como información sobre os estudos e plans nos que basearon para autorizalo, dado que estes campionatos son unha excepción aos días hábiles de caza recollidos na Resolución do 19 de maio de 2017, polo que deben estar avalados por informes que proben que a poboación de raposos require destas batidas.

De feito, PACMA alega que non hai ningún estudo publicado sobre a cantidade de raposos existentes en Galicia “polo que os campionatos convírtense en concursos sen límite onde o boxectivo é matar cantos máis exemplares mellor”. Así, deste xeito “non só se atenta contra a vida dos animais, senón contra a biodiversidade e o medio ambiente”.

CAMPAÑA EN REDES SOCIAIS

De igual xeito, o Partido Animalista ven de anunciar unha movilización en redes sociais baixo o lema #EuNonDisparo #YoNoDisparo, para mostrar o rexeitamento maioritario da poboación a este tipo de prácticas rexeitadas maioritariamente pola cidadanía.

2