Desde o Grupo de Colectivos Animalistas de Galicia, queremos enaltecer o apoio e a solidariedade que a loita pola supresión do Campionato Provincial, Autonómico e de España da caza do raposo en Galicia, está a desencadear. Por todos os recunchos de Galicia, España e a nivel internacional está a levantarse a voz e estáselles dicindo á Federación Galega de Caza e á Xunta de Galicia XA ABONDA!

XA ABONDA! de mentiras e enganos. A matanza de animais non é un deporte.
XA ABONDA! de promocionar actividades de malos tratos e crueldade con diñeiro público.
XA ABONDA! de facer negocio coa morte e a destrución da fauna silvestre e os seus hábitats naturais.
XA ABONDA! de dicir que o que facedes é control poboacional cando dabondo sabemos que é a vosa forma de divertirvos. O home e só o home, é o que acabou co equilibrio natural.
XA ABONDA! de aniquilar os valores e a sensibilidade de nenos e adolescentes cara á natureza e os animais.

Cada día somos máis. Plataformas e Asociacións, coma os colectivos da Costa da Morte, cunha traxectoria de loita enorme, colectivos de toda Galicia e España e miles de persoas, únense a esta causa porque coñecen moi ben o dano que as Administracións coa súa mala xestión están a facer. Temos unha mostra moi recente, en dous días os galegos e galegas vimos como 50.000 hectáreas de monte arderon coas consecuentes perdas persoais, as vidas de miles de animais e a destrución dos ecosistemas. Pero cal foi a resposta da Xunta? Dar carta branca para que os cazadores exterminen o pouco de vida que quedou, porque para recuperar o monte e os bosques non hai diñeiro.

Polo tanto haberannos de desculpar por pronunciarnos de forma tan tallante ante unha aberración máis das nosas administracións e de certos colectivos con mentalidade do medioevo, que só nos causan vergoña e estupor e que nos deixan ante o resto do mundo como unha sociedade que goza explotando, maltratando e asasinando os animais.

Firmado:

Colectivos Animalistas de Galicia

APIS
COLONIAS CANGUESAS
MICOS DE BARRIO
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS ALOIA
LENA
AMIGOS DE LOS ANIMALES
ASUNTOS SOCIAIS E RENDA BÁSICA
ANAJATA
LA PRADERA BEAHEYDER
BIGOTES COLONIAS DE GATOS -LALÍN
ARCA DE NOIA
SOS ANIMALIA
ARGO
APACA
PPP EN ADOPCIÓN. 3PA
TERRACAN
SOS PELINES PROTECTORA
CALLEJERITOS COLONIAS SIN HOGAR