O pleno da Deputación da Coruña aprobou este luns 29 a primeira fase do Plan de conservación de vías provinciais para o 2018, dotado cun orzamento de 7.799.835 euros.

Este programa contempla a execución de traballos de mantemento, mellora do firme e reparación de fochancas nos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria nas estradas coruñesas e reducir a sinistralidade.