O nomeado equipo de triatlón, coa axuda municipal, pon un ano máis en marcha unha proba de natación dentro dunha xornada de sensibilización social e promoción do deporte non competitivo.

Nesta ocasión, participarán un total de seis equipos de catro membros cada un, que terá que nadar 2.500 metros.

A cita será o próximo 17 de febreiro na piscina municipal de Carballo, co obxectivo ademáis de que os/as participantes no evento acheguen productos de hixiene infantil destinados á Cruz Vermella, sobre todo cueiros, toalliñas, aceites, cremas hidratantes ou calquera outro produto de hixiene para bebés.

Evencio Ferrero e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, louvaron a iniciativa e salientaron que Carballo non só é deporte, senón tamén solidariedade. “Temos que poñer en valor que sociedade somos todos, e que todos necesitamos de todos”, rematou o alcalde.