A veciñanza das parroquias de Valenza, Cereo, Castro, Rececinde, San Xusto, San Paio, Centiña, Verdes e Corcoesto solicitan a Monseñor Julián Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela, que realice todos os trámites necesarios para que o sacerdote Leonel Primitivo Díaz Guauque regrese de Colombia “a onde foi destinado sen previo aviso” e continúe no exercicio da súa labor pastoral “que tanto se agradece”.

Os veciños veñen de solicitar unha audiencia co arcebispo e están a recoller sinaturas para reclamar o seu regreso ás parroquias. O domingo ás 10:30 horas está prevista unha reunión pública para tratar sobre este tema.

Entre tanto non se aclare a situación, a veciñanza manifesta nun comunicado  que “ten previsto non asistir á celebración das misas”.

UNHA PERSOA RESPECTADA POLAS COMUNIDADES LOCAIS DE CORISTANCO E CABANA

Leonel Primitivo Díaz Guaque
Leonel Primitivo Díaz Guauque

Segundo manifestan os veciños afectados D. Leonel Primitivo Díaz Guauque é un sacerdote que no tempo que leva no exercicio da súa tarefa relixiosa demostrou a súa competencia coas persoas enfermas e necesitadas, e ser unha persoa amante dos animais e da defensa do medio ambiente.

Ademáis, dentro da súa labor como xestor destacan o elevado número de restauracións de imaxes relixiosas, o restablecemento e cultos (coma o de Santa Bárbara na parroquia cabanesa de Corcoesto) e a realización de obras de mellora na capela de Santa Margarida de Baneira. Todas elas tarefas “que de non regresar quedarían a medio afacer co conseguinte prexuizo para o patrimonio eclesiástico”.