Telefónica, Vodafone e Orange comezan a ofrecer na capital de bergantiños servizos sobre a rede 4G na banda de 800MHz, o que permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Para xestionar estes servizos están a disposición dos cidadáns o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es.

Coa chegada do novo 4G a Carballo continua o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía estatal. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

Para garantir esta compatibilidade, Chega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias. E, por outro, un procedemento correctivo, tras o acendido das estacións, polo que Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen ningún custo.