En total, ambas institución veñen de doar 400 quilos de penso co obxectivo de apoiar o traballo que a entidade está a desenvolver en diferentes municipios da Comarca de Bergantiños.

En representación do Concello da Laracha o alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e por parte da clínica Andrés Martínez e Sabela Pena, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans a Graciela Eiroa, responsable da asociación, nas propias instalacións do centro veterinario, situadas na larachesa rúa Santa Lucía.

Amigos de los Perros xestiona un centro de acollida en Carballo e realiza unha importante función de recollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos. Esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.