A Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender o 10 de xaneiro as actividades no exterior dos centros educativos das zonas meteorolóxicas da Mariña lucense e do Noroeste da Coruña, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa.

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.