Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas de mañá esperase vento do suroeste de forza 8-9 no noroeste da provincia da Coruña.

A Dirección Xeral de Emerxencias recórdalle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

ALERTA AMARELA POR NEVE

Ademais, a partir da madrugada do 9 de xaneiro, activarase tamén a alerta amarela por acumulación de neve en 24 horas no sur e na montaña de Ourense. No sur de Ourense poderá chegar ata 3 centímetros en alturas superiores a 900 metros, e na Montaña, ata 12 centímetros en alturas superiores aos 1.000 metros.