Nava Castro visitou este xoves as melloras executadas na sinalización de recursos do concello do Anllóns. En compañía do alcalde, percorreu diferentes zonas nas que se instalaron novos paneis e indicadores de caracter turísitico.

As melloras instaláronse en diferentes elementos patrimoniais do núcleo urbano e tamén na contorna de espazos naturais como a praia de Caión ou a área recreativa de Paiosaco.

A Directora de Turismo de Galicia referendou o compromiso do seu departamento coa Costa da Morte, un destino onde o peso dos viaxeiros internacionais é xa do 37%. Castro puxo en valor os rexistros turísticos acadados nesta zona en 2017, período no que a demanda medrou máis dun 17%. En concreto, as noites de hotel rozaron as 275.000 e os turistas superaron os 136.000.