Cunha dotación de 20 millóns de euros a través do Plan autonómico “Reforzos en firme”, na estrada AC-413, ao seu paso polo Concello de Carballo, entre o p.q. 21+500 e o 23+285, levaranse a cabo fresados e reposicións puntuais e selado de gretas. No mesmo municipio, actuarase na estrada AC-414, a través de fresados puntuais e a extensión de nova rodadura na glorieta do enlace coa AG-55.

Na AC-419, nos Concellos de Malpica e Ponteceso, nos subtramos comprendidos entre o p.q. 0 e 0+750, 9+980 e 10+260 (á altura de Tella), 11+240 e 11+310 (tramo final da travesía de Ponteceso), tamén se mellorará a capa de rodadura.

Outra vía obxecto do contrato é a AC-421, entre o p.q. 0+170 e o 0+880 (entre a AC-552 e o enlace coa AG-55), e en toda a sección entre o 5+900 e o 7+700 (Castrobo e Cereo) e dende o 8+230 ao 13+300 (Condomiña a Xornes).

Na estrada AC-422, no Concello de Malpica, entre o 1+450 e o 1+550, tamén se reparará o firme, así como na AC-423, ao seu paso polos Concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.

Na AC-434, no tramo entre o p.q. 0 e o 1+000, no Concello de Laxe, melloraranse os elementos de drenaxe existentes; e na AC-552, executaranse fresados e reposicións puntuais ou extensión de microaglomerado entre os puntos quilométricos 34+600 e 34+900 e 50+100 a 55+000, nos Concellos de Cabana, Coristanco e Zas.