O programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’ pecha o 2017 cun amplo abanico de actividades nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A axenda de actividades ofrece propostas en Carballedo, no Rosal, na Lama, en Cerceda, en Coristanco, en Moaña, en Vilaboa, en Castro de Rei, en San Cristovo de Cea, en Poio, en Cospeito, en Burela, en Toén e en Curtis. Os protagonistas nos escenarios serán Os Bolechas, Ignacio Vilariño de Fantoches Baj, Uxía, María do Ceo, Senén Vaamonde e A Roda.

A entrada a todas as actividades é libre ata completar a capacidade dos espazos programados. Máis información e calendario completo dispoñibles no Portal da Lingua Galega http://www.lingua.gal e na Axenda de Cultura de Galicia.