Segundo informan medios locais, o actual alcalde pontecesán e líder do PSdG na localidade do Anllóns, ven de pedir aos dous ediles da Agrupación Pondaliana (APIN) que non abandoen a coalición electoral que manteñen dende o 2015, na que tamén participa o BNG.

Así, García Carballido pediu disculpas públicas e solicitou de xeito expreso aos dous representantes de APIN, José Manuel Pose e Marco Varela que non deixen de formar parte do equipo de Goberno.

CRÍTICAS CO AFÁN DE PROTAGONISMO E A ACTITUDE PERSONALISTA DO REXEDOR

En datas recentes, dende APIN rexeitaron a actitude e o afán de protagonismo do actual alcalde de Ponteceso e mesmo chegaron a convocar unha reunión para valorar a súa continuidade no tripartito municipal.